Homo sapiens arcaico

Homo rhodesiensis "Cranio de Broken Hill", data de hai 130,000 anos

Os Humanos arcaicos ou Homo sapiens arcaico son un termo vagamente definido que se emprega para referirse a un rango de especies do xénero Homo que datan de menos de 500,000 anos de antigüidade, e parar resaltar contrastes cos humanos modernos. Esta categoría habitualmente inclúe a Homo heidelbergensis, Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis e mesmo ás veces a Homo antecessor[1].

Os humanos modernos en teoría evolucionaron a partir de humanos arcaicos, cando estes evolucionaron a partir de Homo erectus. As variedades de humanos arcaicos algunhas veces inclúese dentro do nome binomial de Homo sapiens xa que o seu tamaño cerebral, entre 1200 e 1400 cc, era semellante ao dos actuais humanos. Os humanos arcaicos distínguense polo máis groso cranio, os prominentes arcos supraciliar (as cellas) e a falta dunha amplo queixo[2].

Os humanos anatomicamente modernos puideron ter aparecido entre hai 70 mil ou 200 mil anos atrás, marxinalizando gradualmente ás variedades arcaicas. As variedades non modernas de Homo sobreviviron sen dúbida ata hai 30 mil anos, e posiblemente ata tan recentemente como hai 10,000 anos.

Que variedades ou especies se acollen dentro de "humanos arcaicos" vai en función das definicións propostas por diferentes autores. Porén, de acordo con estudos de xenética recentes, suxiren que os humanos modernos téñense reproducido con cando menos dúas poboacións de humanos arcaicos: cos Neandertais e os Denisovianos[3].

  1. Dawkins (2005). "Archaic homo sapiens". The Ancestor's Tale. Boston: Mariner. ISBN 0-618-61916-X. 
  2. Companion encyclopedia of archaeology
  3. Mitchell, Alanna (January 30, 2012). "DNA Turning Human Story Into a Tell-All". NYTimes. Consultado o January 31, 2012. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search